Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as rutas que organiza a guía Ana Pena pola Mariña no mes de decembro

O sábado 7 de decembro terá lugar unha ruta en Rinlo, no concello de Ribadeo. Un paseo litoral moi interesante que conecta as tres cetarias que serviron para almacenar o marisco deste pobo mariñeiro. O domingo día 8 será un paseo polo casco histórico do concello de Viveiro. Pero ademais visitarase ‘Viveiro ante o berce’, o belén a tamaño natural máis grande da nosa comunidade que conta con numerosos oficios e nunha ubicación privilexiada. Para máis información e reservas poden facelo a través do teléfono 654 99 68 57.

Exit mobile version