Convócase ás veciñas e veciños e este acto de repulsa e solidariedade polo asesinato machista de Rejane, ás 19:00 horas na praza do Concello. O consistorio transmite “o noso apoio e solidariedade á familia e amizades da vítima nun momento tan difícil, expresando a nosa máis enérxica condena e repulsa ante este acto de violencia intolerable”.
