Site icon Crónica3.com A Mariña

Como cada ano, o grupo teatral “O Centiño” de San Martiño organizou unha Gala Solidaria en favor do concello de Foz. Desta volta foi o pasado 7 de decembro, na Sala Bahía, que se encheu de xente e de solidariedade para contribuír a unha boa causa

O Centiño representou a súa comedia “A morte morrida” e os veciños responderon, pois recadáronse máis de 600 euros en efectivo, ademais de varias caixas de alimentos. Todo un éxito. “Dá gusto ver como o teatro afeccionado serve para facer a vida máis divertida e, ao mesmo tempo, máis solidaria”.

Exit mobile version