Decoración de rúas, ambientación musical, concursos, Sorteos e mais de 5.000€ en premios… este ano volve o sorteo de 4 soldos de 1.2000€
Viveiro, 9 de decembro, 2024. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Este ano séguese apostando por reforzar a decoración da rúa, e ós mais de 120 árbores de luces leds que estarán colocados nas entradas dos comercios sumamos unha nova decoración de escaparates cunha guirnalda navideña de 2 metros de longo.
A atmosfera de Nadal tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Dende o luns 9 instalarase a árbore de luces xigante na Praza Maior. Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionouse o valado exterior da mesma con publicidade de todos os negocios asociados ó CCHV. Dende o dia 12 ata o 7 de xaneiro porase en marcha un consurso de Selfies na árbore de Nadal, con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas.
Tamén se instalará nos Xardíns Noriega a “Casita de Papá Noel”, que funcionará en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 24 de decembro. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita. E nas vindeiras semanas farán o propio tamén cas cartas para os Reis Magos.
Do 21 ó 24 Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta.
“Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión, pero non nos podemos esquecer dun persoaxe tan noso, como é o Apapador, que percorrerá as ruas de Viveiro na mañá do 24 de decembro, e o dia 28 fará o propio o Paxe Real das suas Maxestades de Oriente”.
O día 23 ás 17:00h haberá un Obradoiro de Música Electrónica con DJ Karras Martinez, na sala do Conservatorio de Música.
E o máis esperado do Nadal, e polo que moitos clientespreguntan dende hai días, é o sorteo dos soldos de 1.200€ do CCHV. Este ano sortearanse 4.
3 destes premios serán sorteados como sempre no sorteo presencial da Praza Maior, e o outro soldo será sorteado a través da App Viveiro CCH só con subir os tickets das compras dende o día 9 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Este ano adiántase o reparto das papeletas para o sorteo presencial e será a partir do día 16 cando se comecen a repartir coas compras realizadas nos comercios asociados, entregándose ata o dia do sorteo ou ata agotar os 150.000 números.
Lémbrase que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados, e o mesmo para o soldo sorteado a través a App.
O sorteo, por primeira vez en moitos anos cambia de día, realizarase o 3 de xaneiro ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 12ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.
“Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 20.000 bolsas de papel, sobres regalo e pegatinas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia”.
“E para os que están faltos de ideas e non saben que mercar, poñemosllo un pouco máis facil cas Tarxetas Regalo do CCHV, que son un acerco seguro. Estas Tarxetas fanse personalizadas e pódense gastar en mais de 120 negocios asociados”.
O comercio local abrirá os domingos do 22 de Decembro e o 5 de Xaneiro.
Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca.
“Ir de compras en Viveiro é apostar pola nosa xente, a nosa tradición e o futuro do noso comercio local. Este Nadal queremos que cada visita ao noso centro comercial histórico sexa unha experiencia única e inesquecible”. Engadiu a concelleira Iria Cotelo.