Ese mesmo día ás 19.00 horas, entregaranse os premios do Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello, será ás 19:00 horas, cando dará comezo unha actuación dirixida ao público infantil
Cervo, 12 de decembro de 2024.- A Praza do Souto será este próximo sábado, 14 de decembro, o escenario do tradicional Mercado de Nadal, organizado pola asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita arrincará ás 10 da mañá e prolongarase durante toda unha xornada na que se darán cita diferentes postos de alimentación e artesanía, e haberá moita animación musical e tamén sorteos entre o público asistente.
Ademais, tamén está prevista unha edición especial da Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos xa desde o mediodía, con tapas elaboradas na Sacabeira, na Taberna de Sargadelos, no Almacén e no Caseto de Copa, a un prezo de 2,5 euros.
Durante o Mercado tamén está prevista a entrega de premios do certame de postais de Nadal. A convocatoria será ás 19:00 horas, e a continuación haberá unha actuación infantil pensada para desfrutar en familia: Historias dun mundo grande, protagonizadas pola cadeliña Becki que nos contará as súas viaxes e vivencias desde a súa biblioteca.
O Concello de Cervo anima a veciños e a visitantes a participar neste Mercado de Nadal que é o pistoletazo de saída para un programa repleto de actos para todos os públicos, en colaboración coas diferentes asociación do Concello.
Este mercado é unha oportunidade única para pasar o día en familia e entre amigos nunha contorna espectacular como é a Praza do Souto e a Aldea de Cervo.