A cita, que reunirá a competidores de distintas partes de Galicia, está organizada polo Departamento de Nihon Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, coa colaboración da administración local
Cervo, 19 de decembro de 2024. O Concello de Cervo, acollerá o vindeiro sábado 21 de decembro o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.
O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro, Adrián Arias, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual.
Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.