Site icon Crónica3.com A Mariña

113 persoas participarán o 30 de decembro na II Marcha Interxeracional San Silvestre de Ribadeo

Ribadeo, 20 de decembro de 2024. Cento trece persoas participarán o 30 de decembro na II Marcha Interxeracional San Silvestre, que partirá ás 12 do mediodía da rúa Dionisio Gamallo Fierros e rematará na Praza de España.

Está organizada polo CAPM A Concordia e polas Concellerías de Deportes, Mocidade e Benestar Social, que contan coa colaboración do ximnasio Origen, de Ribadeo.

Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, agradece a participación das asociacións e colectivos que confirmaron a súa presenza nesta cita. Son: Apned, Asociación Guillem Veiga, Asociación Fraternidad, Fundación Edes, Fundación Apertas, Asociación Saúde Mental A Mariña e Fundación Eu Son.

O edil ribadense anima “a toda a cidadanía de Ribadeo que nos queira acompañar nesta proba pola accesibilidade e pola inclusión a que se acheguen o vindeiro 30 de decembro a apoiar a todas estas persoas que se inscribiron na II Marcha Interxeracional San Silvestre + Metros, + Posibilidades”.

Exit mobile version