Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea do grupo Mariña Marabillosa

Mariña Marabillosa é un grupo de persoas dos 16 concellos da Mariña que, traballando xuntos dun xeito afeccionado, tentan crear unidade e concordia na comarca. Xuntos realizan un programa de radio afeccionado chamado Mariña Marabillosa, onde entrevistan a persoas da súa comarca, emitíndose cada primeiro sábado de mes nas emisoras de radio locais da Mariña e nas emisoras da cadea Radiofusión. Igualmente, organizan un concurso de fotos para dar a coñecer a comarca e promocionan os negocios da mesma. Programan tamén outras actividades, nas que a unión e a participación da Mariña é a norma. Este pasado venres, 13 de decembro, celebraron a súa cea anual de Nadal no restaurante O Forno, situado no Pazo de Tovar, en San Adriano (Lourenzá). Unha velada entrañable e divertida.

Exit mobile version