Trátase dunha actitude totalmente “mezquina” que supón unha falta de respecto absoluta aos usuarios e traballadores da residencia e á propia Corporación
Foz, 13 de decembro de 2024. O voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, considera que “ante a deixadez de funcións no asunto da residencia a Cajoto so lle queda dimitir”. O propio alcalde e o seu equipo recoñecen, unha vez máis, con feitos ser incapaces de solucionar os asuntos importantes de Foz como é o caso da residencia.
“Unha vez coñecida a resolución do TACGAL que avala a decisión do PP e do BNG de non seguir co novo contrato ata resolver as axudas aos usuarios que o necesiten, en vez de pedir perdón e retomar o bo camiño que lle levamos propoñendo desde fai meses, o que fai Cajoto é unha clara deixadez de funcións: primeiro asumiu liderar o tema da residencia relegando á súa propia concelleira de asuntos sociais e agora o que fai, de forma unilateral e a través de decreto, é pasarlle a “pataca quente” aos seus socios dos que desconfía”, critica Javier Castiñeira
Trátase dunha actitude totalmente “mezquina” que supón unha falta de respecto absoluta aos usuarios e traballadores da residencia e á propia Corporación que levan meses loitando para que o señor alcalde entrase en razón e sacara unha liña de axudas antes de adxudicar o novo contrato, para promover que todos os focenses podan acceder a este servizo, independentemente da súa capacidade económica.
“Cajoto está perdido e sen ideas pretendendo meternos a todos no seu “metaverso” de ocorrencias e despropósitos” finaliza o voceiro popular.