Trátase de mostra‘Arte con Cariño’, coa que se busca dar a coñecer a arte dos veciños e veciñas do municipio, dándolles un lugar onde expoñer as súas pezas artísticas. A exposición inaugúrase leste mesmo luns, 23 de decembro, ás 19:00 horas no Local Social do Concello. É unha iniciativa da artista local Chary Docal Pérez, alumna de cuarto curso do Grao en Belas Artes da Universidade de Vigo, que conta coa colaboración do Concello.