Este organismo foi creado en 2021 co obxectivo de fomentar accións conxuntas contra a violencia machista e apoiar ás súas vítimas
Burela, 16 de decembro de 2024. O Concello de Burela acolleu, no salón de plenos, a 7ª xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero. Nela participan representantes de diferentes institucións e profesionais de diversos ámbitos relacionados coa loita contra a violencia machista.
O propósito destas xuntanzas é fomentar e aplicar accións e fórmulas para previr a violencia de xénero, así como garantir un apoio e unha atención de calidade para ás vítimas da mesma.
A mesa consiste nun espazo de traballo e colaboración creado a nivel local cos obxectivos principais de mellorar a coordinación interinstitucional nesta loita, optimizar recursos, establecer protocolos comúns e sensiblizar e formar á poboación.
Foi creada en Burela no 2021, e en palabras da concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, “é un órgano vivo, xa que é unha estrutura en constante evolución que se vai adaptando ás necesidades da nosa vila”.