CIOFF e o Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore e das Artes Tradicionais, Membro oficial de UNESCO, acreditado polo Comité da HCI.
A Mostra Folclórica Internacional de Viveiro é un Festival Integrado en CIOFF, ao que pertencen 25 Festivais en España (entre numerarios e adheridos), algo do que Bágoas dá Terra sente gran orgullo, dadas as esixencias e calidade necesarias e adquiridas ao longo dos máis de 44 anos de traxectoria da Mostra.
As sesións celebráronse no Palacio de Congresos, ademais da recepción oficial no Concello de Jaca onde o Alcalde e as autoridades deron a benvida aos asistentes, houbo diversos eventos incluído un espectáculo a cargo dos Grupos Folclóricos de Jaca “Alto Aragón” e “Uruel”.
Ás Asembleas ordinaria e extraordinaria asistiron os socios numerarios, adheridos e colaboradores, así como a Xunta Directiva, tamén se contou coa presenza de D. Santiago Sierra Secretario Xeral da Comisión Nacional de cooperación coa UNESCO e Belén Faus Subdirectora Xeral de Música e Danza do INAEM.
No Congreso tratáronse diversos temas relativos ás actividades de CIOFF e dos Festivais, así como os circuítos de posibles grupos participantes para a edición dos diferentes Festivais en 2025.
Bágoas dá Terra segue cos preparativos para a 45º Edición da Mostra a celebrar en agosto de 2025, esperando poder abordar a contía económica que supón poñer en marcha un festival desta categoría.