Site icon Crónica3.com A Mariña

Asemblea xeral de socios/as do CD Burela FS

Burela, 13 de decembro, 2024. O Presidente do CD Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asamblea Xeral, de carácter ordinario que se vai celebrar o venres día 27 de decembro no pavillón municipal Vista Alegre de Burela nunha primeira convocatoria ás 19.30h e segunda ás 20.00h. O acceso é única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á asamblea co carnet de socio/a e o DNI.

Trataránse as seguinte cuestións:

a) Memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede.

b) Orzamento para o seguinte exercicio.

c) Proxectos e propostas do Presidente da Xunta Directiva.

d) Proposicións que formulen os/as socios/as e que deberán ir asinadas, ao menos, polo 5% dos mesmos.

e) Rogos e preguntas.

Exit mobile version