Burela, 9 de decembro, 2024. As Confrarías de Pescadores de Burela, e San Cibrao como beneficiario 2, teñen concedida unha axuda da Consellería do mar e do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) da UE por un importe total de 61.248,60€, correspondendo o 100% á Confraría de Pescadores de Burela.
O importe total da subvención concedida ascende a 61.248,60€ (subvecionado o 100%), sendo fondos FEMPA o 70% (42.874,02€) e o 30% da conselleria do mar (18.374,58€)
o obxectivo deste proxecto colectivo é reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade economica, social e ambientalmente sustentable, cuio propósito é a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas mediante a contratación dos servizos de vixilancia de bancos marisqueiros e asistencia tecnica (unha bióloga), durante o periodo que abarca do 1 de
xullo de 2024 ao 30 de xuño de 2025.
Os resultados agardados permitirán que os plans de explotación de recursos marisqueiros se realicen con criterios técnicos, ao seren resultados dun estudio continuo da revolución dos recursos e do habitat, de maneira que se trata de evitar posibles situacions de sobrepesca, colapso de poboacións e deterioro ambiental, o que garantiza que os recursos se exploten baixo criterios de sostenibilidade, mantendo a productividade dos mesmos e, por tanto, o medio de vida dos/as mariscadores/as.
Esta actuación é cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Maritimo,de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 da UE e un 30% pola Consellería do Mar (Xunta de Galicia).