Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante a complicada situación que atravesa en Lourenzá o sector primario, especialmente o da faba, o BNG propón unha moratoria na aplicación das subas de taxas e IBI

Lourenzá, mércores 11 decembro 2024. A situación que atravesa o sector primario en Lourenzá, tanto na gandeiría coma na agricultura pero especialmente no que tén que ver coa faba é gravemente complicada, pois a producción da leguminosa acaba de sufrir as graves consecuencias do cambio climático con considerables perdas na producción debido a proliferación de enfermedades na planta, unhas perdas que suponen perto do 80% da producción.

Desde o BNG aseguran que este feito implica que a economía local se vai ver resentida, posto que o pequeno comercio tamén vai resultar prexudicado pola mingua dos ingresos das fabeiras. “E as perdas non acaban aquí xa que volver a producir en condicións adecuadas levará tempo e diñeiro aos produtores e produtoras ao teren que sanear tanto as terras como mercar novas sementes, o que levará aparellado un maior nivel de gastos” afirmou a portavoz nacionalista Belén Fanego.

Moratoria nas subas de Auga e IBI

A edil trasladou unha proposta á alcaldía e a todos os grupos políticos da corporación municipal para que o Pleno do Concello de Lourenzá aprobe unha moratoria de polo menos un ano na aplicación da suba da taxa polo servizo de subministro de auga e pola suba do Imposto de Bens Inmobles (rústica e urbana), que foron aprobadas no pasado pleno do 13 de novembro, co voto en contra do BNG.

Os nacionalistas laurentinos consideran que os agricultores e gandeiros son un eixo fundamental no desenvolvemento da economía local e dado o momento que están atravesando está máis que xustificada esta proposta de moratoria.

Novas axudas de outras administracións e priorización nos investimentos

Considerando tamén a merma que esta moratoria puidera producir na economía local ao reducir temporalmente o volumen de recadación impositiva, desde o BNG instan ao goberno municipal a buscar novas axudas e investimentos en todas as administracións para que as veciñas e veciños de Lourenzá sigan gozando de servizos de calidade, priorizando e estudando ben cada investimento que se fai, de xeito que se evite endebedar as arcas municipais axustando o gasto e buscando unha maior eficiencia nos proxectos novos que se emprendan.

Exit mobile version