Burela, 30 de decembro. O pasado día 27 de decembro o CD Burela FS celebrou a asamblea xeral de socios e socias do club de fútbol sala mariñano que conta con máis de 600 abonadas/os, con dous equipos na máxima categoría deste deporte e que recentemente se quedou sen patrocinador principal, véndose obrigado a buscar financiación urxente para afrontar o resto da tempada e o futuro do mesmo.
Na asamblea destacou a altísima participación, demostrando o interese de tantos afeccionados/as da comarca que quixeron aportar ideas e contribuír no máximo á viabilidade deste club cunha longa historia e que está promovendo os dereitos do deporte feminino como ningún outro.
Entre outras cuestións na asamblea decidíuse instar ás administracións, especialmente ao concello de Burela, a aumentar o apoyo ao club; a creación dunha conta corriente tipo fila 0 para aumentar os ingresos a base de aportacións individuais a través de plataformas de crowdfounding ou similar. Por outro lado informarase aos socios e socias dos horarios e días de partido a través da plataforma de socios/as “Cluber”.