INFANTIL VISITA A ESCOLA DE HOSTELERÍA
O alumnado de Educación Infantil ao completo visitou a Escola de Hostelería de Foz. Alí, esperábaos o profesor e chef Suso Liste, quen os guiou polas instalacións e lles foi explicando os pormenores do seu oficio. Ademais, unha vez rematada a visita, “os nosos pícaros puideron desfrutar dun pequeno aperitivo elaborado polo alumnado da escola de hostalería”. Esta actividade, como moitas outras que están a desenvolver, enmárcase dentro do proxecto O/A COCIÑEIRO/A. Non hai como comprobar en directo todo o que se aprende.
Os días 19 e 20 de decembro está programada a velada de Nadal e esta semana “fixémonos eco da campaña de Cáritas parroquial (Nadal Solidario)”.
Ademais, o colexio convida a todo o mundo a visitar o Belén colexial ata o día 20 de 9 a 19h.