Ribadeo, 6 de decembro de 2024. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo destina 35.000 euros á súa campaña de Nadal, que inclúe a XIV Festa do Comercio, o photocall na rúa Rodríguez Murias, a entrega de materiais gratuítos para as empresas asociadas e as ampliacións horarias de hostalaría.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou que “comezou decembro e Acisa puxo en marcha os seus motores á máxima potencia para facer da nosa vila o destino navideño de referencia. Á programación xa anunciada hai uns días xunto co Concello, que inclúe a pista de xeo e outras moitas actividades anunciadas por parte do Concello de Ribadeo, desde Acisa pretendemos completalas con algunhas mais moi especiais”.
Cruzado Iglesias dixo que “presentamos a principios de semana a campaña da XIV Festa do Comercio, que se desenvolverá ata o 11 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro no que estarán en xogo: unha viaxe a Mallorca de 4 días para dúas persoas, 6.000 euros en vales de compra e 2 xoias de alto valor. Con esta campaña e este premio especial do viaxe a Mallorca queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que tivo lugar neste 2024”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 180.000 rifas, que son 10.000 máis que na pasada edición, atendendo así a gran demanda destas datas, e que o ano pasado xa se aumentara en 20.000”.
Pérez Prada subliñou que “o que queremos dende Acisa é contribuír a crear e manter o espírito destas datas en Ribadeo. Para animar as compras e o ambiente do Nadal mercando no comercio local e coa ilusión de que poida tocar algún de estes importantes agasallos, así como coa ambientación e decoración dos establecementos”.
A presidenta de Acisa tivo palabras de agradecemento “especialmente pola colaboración do patrocinador principal desta campaña, o noso asociado BeOne, que fai unha achega económica que para nos é moi importante, e para Multitrasteros, como empresa colaboradora, que tamén fai unha achega económica, así como para Joyería Azabache e Galeria Terra Branca, que doan dous agasallos de alto valor, como firmas colaboradoras”.
O xerente de Acisa declarou que “ademais contamos tamén co xa tradicional photocall na Rúa Rodriguez Murias, un espazo no que buscamos que veciños e visitantes se animen a fotografarse este Nadal para gardar un recordo destas datas. Este espazo esta formado por unha lona de 5,50 metros de ancho e 3,50 metros de alto, na que se ve a Torre dos Moreno e o Concello, nunha preciosa estampa de Nadal. Está presidida por unhas letras corpóreas de 5,50 metros de largo e 0,50 metros de alto nas que se pode ler o nome de Acisa Ribadeo. O photocall traerá algunha sorpresa este ano, que contaremos mais adiante”.
Pérez Prada lembrou que “puxemos a disposición dos socios e socias de Acisa diferentes materiais gratuítos. A novidade deste ano foron os 2.000 vasos para o ocio nocturno, ademais das 1.000 bolsas para botellas de viño, os 12.000 envases de comida para levar nun tamaño de 1.900 cl en aluminio e que se poden empregar no microondas, 4.000 vasos térmicos para café ou infusións e 4.800 bolsas de tea de algodón para comercio. Sen esquecer tamén, as ampliacións horarias, que permitirán este Nadal que a hostalaría ribadense poida abrir 2 horas mais sobre o seu horario habitual”.
E engadiu que: “a inversión que realiza Acisa para o Nadal 2024/2025 ascende a 35.000 euros co único fin de facer de Ribadeo o referente navideño da comarca e axudar ás nosas empresas a ter a mellor tempada posible”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “as expectativas para a campaña de Nadal son moi boas. Agardamos que todo o noso tecido empresarial obteña uns datos moi positivos. Desde Acisa traballamos para axudarlles e para contribuír ao seu éxito. Aproveito a ocasión para darlles ás grazas ao Concello de Ribadeo e á Xunta de Galicia, xa que a súa colaboración e axuda é moi importante para poder organizar e coorganizar todas estas actividades de Nadal, que serán un reclamo ao longo de todo este mes de decembro”.