Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta mellora a seguridade da nave de varada do porto de San Cibrao

Esta iniciativa súmase a outras executadas recentemente por Portos de Galicia, e que permitiron o acondicionamento de tres departamentos, propiedade dos armadores

San Cibrao, 26 de decembro de 2024. A Xunta de Galicia mellorou a seguridade da nave de varada do porto de San Cibrao. Deste xeito, a Administración autonómica, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, deu resposta a unha demanda da Confraría de Pescadores desta localidade mariñá. O obxectivo, segundo explicou o seu responsable, Alfonso Villares, era mellorar o servizo que presta na actualidade a zona portuaria e satisfacer, en paralelo, a petición da frota pesqueira e deportiva.

A actuación, que consistiu na instalación dun peche perimetral e o reforzo estrutural da propia nave, foi supervisada este xoves polo conselleiro. Villares puxo en valor esta iniciativa, xa que contribúe a mellorar as condicións de traballo dos usuarios nos seus labores de mantemento de embarcacións ou na almacenaxe de maquinaria e aparellos de pesca.

Máis investimentos
Esta obra súmase a outras executadas recentemente na zona portuaria. É o caso do acondicionamento de tres departamentos dos armadores, que albergan unha decena locais. Dotada con 350.000 euros esta obra enmarcouse na estratexia de Portos de Galicia de mellorar as instalacións portuarias da comunidade.

Exit mobile version