Site icon Crónica3.com A Mariña

A Praza Conde Fontao de Foz, escenario na Mariña da festa ‘Regala en Nadal, Merca en Local’

Foz, 18 de decembro de 2024. O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na festa da campaña Regala en Nadal, Merca en Local que tivo lugar pola tarde no centro da localidade focense. A iniciativa, impulsada de forma conxunta pola institución provincial e a Federación Galega de Comercio, busca fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano.

A Praza Conde Fontao acolleu desde as 17.00 horas desta tarde actividades de animación, actuacións infantís, música, chocolatada e sorteos en directo de tres tarxetas prepago: unha de 500€, outra de 1.000€ e unha última de 3.000€. Mañá xoves, a campaña rematará en Lugo capital coa última festa que terá como escenario a Praza Maior.

Exit mobile version