Foz, 19 de Decembro de 2024. A Plataforma de Afectados Subida Abusiva de Tarifas da Residencia e Centro de Dia de Foz solicita unha reunión co Alcalde para recibir información sobre a situación despois da resolución do TACGAL. “Tendo coñecemento polos medios de comunicación da Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) no que desestima os recursos presentados pola empresa CK Senior Xestión S.L., contra o acordo do Pleno de data 26-09-2024, no que se acordou a renuncia á contratación para a concesión dos servizos da Residencia de Maiores e Centro de Dia de Foz, hai que lembrar cos votos en contra do seu Grupo Político. Este Tribunal na súa Resolución confirma, en que tanto Vostede como o seu grupo estaban totalmente equivocados, e que o que lles viñamos propoñendo desde vai máis de seis meses era perfectamente legal e ademais de xustiza, ao basearse os nosos argumentos na defensa dun interese público (subida desproporcionada das tarifas actuais o que faría imposible o acceso á maioría dos veciños/as de Foz, tanto agora como nun futuro), así como de anular todo o proceso e iniciar un novo cuns prezos acordes á situación real, similares ás tarifas das Residencias da nosa contorna tal e como lle propuxemos en numerosas ocasions”.
“E tendo en conta que, pasado xa unha semana, nin a Concelleira de Asuntos Sociais -Ana Rojo, nin Vostede mesmo, se puxéron en contacto con nós para explicarnos a situación actual e que Vostede, a través dos medios de comunicación, ven poñendo de manifesto que non quere ceder as competencias necesarias cun mínimo de autonomía para poder exercelas”, solicitamos unha runión para que nos informe dos pormenores da anulación resolta polo TACGAL e para establecer as bases dunha mesa de negociación que permita aprobar unha nova ordenanza que dea solución á grave problemática da subida abusiva que representaban os prezos da licitación que o Tribunal acaba de anular”.