Site icon Crónica3.com A Mariña

A pista de xeo, un dos grandes atractivos do Nadal ribadense, estará aberta do 5 de decembro ao 5 de xaneiro

Ribadeo, 3 de decembro de 2024. A pista de xeo será un grande atractivo do Nadal en Ribadeo. A instalación estará aberta do 5 de decembro ao 5 de xaneiro.

A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, explica que “a pista de xeo estará instalada por segundo ano nunha das carpas da Avenida Rosalía de Castro. O acceso terá un custe de 5 euros. As entradas poderán adquirirse directamente no recinto”.

A edil ribadense subliña que “para apoiar a actividade comercial e hostaleira de Ribadeo aplicarase un desconto de 2 euros a aquelas persoas que presenten un tícket de compra ou consumición superior a 10 euros realizados en calquera establecemento de Ribadeo. Os primeiros 2.000 tíckets terán un desconto de 2 euros no prezo da entrada, polo que pagarán tan so 3 euros polo acceso á pista de xeo”.

Saiz indica que “solo serán válidos os tíckets de compras e de consumicións realizados a partires de mañá, 4 de decembro”.

A concelleira de Comercio e Turismo sinala que “a pista estará operativa do 5 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 16:30 a 21:00 horas. Pechará os días 24 de decembro e 1 de xaneiro. E ampliará horario os días 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro e 4 e 5 de xaneiro, xa que abrirá tamén polas mañás de 11 a 13 horas”.

E engade: “deste xeito un ano máis Concello e Acisa colaboramos para facer do Nadal unhas datas especiais, fomentando a participación da veciñanza e dos visitantes e impulsando a economía local. A pista de xeo de Ribadeo é un espazo de lecer e de diversión para todos”.

As bases da pista de xeo poden consultarse nas webs do Concello de Ribadeo e de Acisa.

Exit mobile version