Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado día 20, cando a persoa investigada supostamente causou diversos danos a un vehículo estacionado no termo municipal de Meira. A súa propietaria ao observalo recriminoulle a acción, sendo agredida pola persoa investigada, á vez que a sometou a diversos insultos despectivos referentes ao seu lugar de orixe. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postas ao dispor da Autoridade Xudicial.
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, de 19 anos de idade, como suposto autor de delitos de danos e lesións