Tras ter coñecemento de que nos últimos meses subtraeron varios pastores eléctricos en Lourenzá, iniciouse unha investigación policial para o esclarecemento destes feitos delituosos.
O pasado luns rexistrouse un novo furto dun pastor eléctrico na mesma zona valorado en máis de 300 euros, e tras a denuncia do seu propietario tívose coñecemento de que o obxecto subtraído leva instalado un localizador GPS.
Como resultado da investigación logrouse deter ao presunto autor destes delitos, cando circulaba a bordo dunha furgoneta, a cal portaba no seu interior ademais do pastor subtraído, unha importante cantidade de material eléctrico, do cal non podo demostrar o seu licita procedencia.
Os axentes puideron comprobar que parte deste material pertencía ao Concello de Villalba, e que foi subtraído o pasado mes de agosto, durante a celebración do Retallo, na localidade chairega.
A persoa detida e as dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.