O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, presentou este martes no Salón de Plenos da Casa Consistorial do municipio montañés a programación desta cita que se celebrará desde o 5 ata o 7 de decembro
Carlos López convidou a todas as persoas a achegarase ata A Fonsagrada “dende este xoves para desfrutar dunha completa programación de actividades na que se inclúen obradoiros musicais e de baile tradicional, concertos e mesmo unha Feira de Artesanía”. O Deputado e Alcalde fonsagradino tamén fixo referencia ao éxito da Foliada pois “é un orgullo para nós ver que este evento, co que poñemos en valor a tradición e a cultura galega, atrae ano tras ano a numerosos veciños chegados de diferentes puntos da provincia e da comunidade asturiana”.
Programa
Xoves, 5 de decembro
– 11:00 horas: Ruta dos pintores.
– 17:00 horas: obradoiro de Iniciación á pandeira (impartido por Ismael Carcedo) e obradoiro de baile do centru d’asturies: jota, saltón e muiñeira (a cargo de Luis Ángel Fernández).
– 21:30 horas: Butelada.
Venres, 6 de decembro
– 12:00 horas: Cantos de taberna.
– 20:00 horas: obradoiro de baile.
– A partir das 21:00 horas: concertos de Maricarme, El Naán Trío, Ana Lua Caiano.
Sábado, 7 de decembro
– 11:00 horas: apertura da Feira de Artesanía.
– 12:00 horas: presentación do libro Alborada en Vilaquinte, de José Ramón González Pérez e actuación do Grupo Bouba.
– 12:30 horas: demostración de olería de Buño.
– 13:30 horas: actuación de Candorka Trío.
– 17:30 horas: concerto de Axeigo.
– A partir das 21:00 horas: concertos de Mediarea, Xosé Lois Romero e Aliboria, Fillas de Cassandra e Llevólu´l Sumiciu.