A día de hoxe e logo de pasado ano e medio, a situación segue sendo a mesma Unha soa Dixestóloga ao fronte dun servizo que, grazas ao esquecemento dos dirixentes da sanidade Galega, é incapaz de atender as demandas sanitarias da cidadanía da Mariña.
Segundo a Central Nacionalista, o hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 4 médicos especialistas en dixestivo para cubrir as necesidades dunha Comarca con mais de 72.000 habitantes e poder ofertar un servizo de calidade cubrindo as seguintes necesidades:
.- Manter activa unha consulta diaria
.-Realizar as probas terapéuticas e as diagnosticas do aparello dixestivo das prioridades 1, 2 e 3.
.- Asumir patoloxías tumorais do aparello dixestivo.
.- Ter a cargo pacientes de dixestivo ingresados.
.- Realizar o cribado de cancro colorectal dos pacientes da Mariña.
.- Participar nos ensaios clínicos para acadar un nivel óptimo de experiencia e dar visibilidade ao Centro Hospitalario.
.- Asumir o cadro de gardas hospitalarias.
CONSECUENCIAS DE TER UNHA SOA MÉDICO DIXESTÓLOGA
Dende CIG Saúde A Mariña explican novamente que “cun só unha Dixestóloga é imposible atender unha consulta diaria, pacientes ingresos na planta, facer as probas diagnósticas mais as terapéuticas do aparello dixestivo e asumir o cadro de gardas hospitalarias”, polo que:
1 O hospital da Mariña non pode asumir ingresos da especialidade de Dixestivo, tendo que asumir a especialidade de Medicina Interna ditos ingresos
2 Non se pode asumir unha consulta diaria pasando a ter unha consulta á semana.
3 Diminúe a capacidade para asumir probas e aumenta significativamente o tempo para a realización das mesmas.
4 Derívanse ás clínicas privadas de Lugo un gran número de probas diagnosticas de pacientes con prioridade 2 e 3, (no que vai de ano preto de 300 pacientes derivados á privada).
5 Incremento das lista de agarda con pacientes con mais de un ano de espera.
6 O día seguinte ás gardas hospitalarias (24 horas de traballo continuado) suspendese toda actividade do servizo por descanso da única Dixestóloga.
Para a CIG-Saúde da mariña este é outro exemplo mais do ABANDONO absoluto no que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña por parte da Consellería do SERGAS coa complicidade do Xerente da Área Sanitaria de Lugo e da Dirección do Hospital da Mariña, provocando longas listas de espera, atrasos nos diagnósticos e derivacións de pacientes da Mariña aos hospitais privados de Lugo, a mais de 100Km de distancia polo que voltamos preguntar se son estes os MAIS E MELLORES SERVIZOS que o Partido Popular anunciou ata a saciedade para o Hospital da Mariña e se esta é a sanidade que se merecen as e os Mariñáns.