Barreiros, 16 de decembro de 2024. A aula CeMIT de Barreiros acolle estes días unha actividade máxica e chea de ilusión para as nenas e nenos do municipio. A través das novas tecnoloxías, fanse conexións en directo con Laponia, permitindo que as crianzas poidan falar con Papá Noel e contarlle as súas peticións para este Nadal.
Este xoves, 16 de decembro, foi a quenda do alumnado do CEIP de San Cosme, que se desprazou ata a aula para participar nesta experiencia. Mañá, martes 17, será o alumnado do CEIP de San Miguel quen viva esta conexión máxica coa terra do Nadal.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destacou o bonito desta iniciativa: “É unha oportunidade para que as crianzas poidan vivir con máis intensidade a maxia do Nadal grazas ás novas tecnoloxías. Ademais de fomentar a ilusión propia destas datas, promóvese o uso das TIC dun xeito positivo e innovador”.
Desde o concello de Barreiros agradecen a colaboración dos centros educativos do municipio por sumarse a esta actividade que converte a tecnoloxía en vehículo para transmitir desexos e ilusións.