Os premios, organizados pola Xunta De Galicia, dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, recoñecen o labor dos profesionais do sector comercial e no caso das Asociacións de comerciantes, destacan as iniciativas de dinamización comercial que realizan ó logo do ano para contribuír o desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades
Viveiro, 12 de decembro, 2024. O Centro Comercial Histórico de Viveiro, que no próximo mes de marzo cumprirá 22 anos dende a súa constitución, destaca por ser una asociación moi dinámica, que desenrola gran número de iniciativas ó longo do ano, e da servizo a mais de 120 negocios da área urbana de Viveiro. Unha asociación consolidada, que aposta por un proxecto de modernización e dixitalización, que fai que sexa punteira en Galicia no seu ámbito.
Ó longo destes anos foron moitas as iniciativas postas en marcha, con gran aceptación por parte dos clientes, como a campaña do Shopping Weekend ou coñecida tamén como a campaña do 20%, que polas características tan singulares desta iniciativa serviulle á asociación para optar a esta nominación.
Pero non só destaca esta campaña senón tamén o sorteo de Nadal, que ano tras ano enche a Praza Maior, a Feira de Stocks, o Comercio na rúa, o mellor empregado do mes ou o Juepeo. Todo có fin de reforzar o noso compromiso cós clientes e cós negocios asociados, intentando transmitir o necesario que é mercar no comercio local e as vantaxes que supón. Temos que poñer en valor as compras no comercio de proximidade, onde o trato é persoal e cercano, con asesoramento profesional, artigos de calidade e a prezos moi competitivos. Pero sobre todo, dan vida ás nosas vilas, están preto, sen necesidade de desprazamentos, e ofrecendo o que en ningures poden ofrecer: un Centro Comercial Aberto que invita a pasear, desfrutar das súas rúas é o aire libre.
Pero non se centran unicamente en campañas promocionais, senón que ó longo do ano prestan o seu apoio e colaboración a distintas organizacións da zona que realizan actividades culturais, deportivas, medioambientais ou proxectos sociais. Unha asociación comprometida cós seus veciños, intentando mellorar a economía local, mantendo centos de postos de traballo e dando vida ás nosas rúas, “o comercio dunha vila é o reflexo da vida do mesmo, e temos que dinamizalo constantemente”.
As liñas de traballo pasan por avanzar na modernización e dixitalización do colectivo, o ano pasado estreábase a APP ViveiroCCH e dúas pantallas dixitais ubicadas en puntos estratéxicos onde se visualizan constantemente os anuncios dos negocios asociados.
Con todo isto logramos unha asociación mais forte, afianzando o peso que ten na comarca, sendo un referente comercial en moitos quilómetros á redonda. A Viveiro chegan clientes de toda a Mariña e de Ortegal, atraídos pola gran oferta comercial, de servizos e de ocio que ofrece a vila.
Esta nominación como finalistas nos Premios Comercio 2024 foi recibida con sorpresa pero á vez con moita alegría, é un recoñecemento ó traballo que realiza a asociación, á constancia, á adaptación ó cambio e ós novos hábitos de consumo, e á modernización ata as novas tecnoloxías.
En palabras de Directiva “Gracias ós nosos asociados, que sen eles esta nominación non sería posible, teñen que estar orgullosos deste recoñecemento a nivel galego, que demostra que somos un referente comercial mais alá da nosa comarca”.