Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Camiña incorpora novas tecnoloxías grazas ao apoio da Fundación Once

A asociación Camiña adquiriu un ordenador de mesa grazas a subvención concendida pola Fundación ONCE, que apoia proxectos destinados a creación, remodelación e expansión de centros que promoven a atención e a mellora da calidade de vida de persoas con diversidade funcional. Este novo material será utilizado para traballar cos rapaces e rapazas que acoden ao centro e así achegarse un pouquiño mais ás novas tecnoloxías, cada vez mais importantes na nosa vida diaria.

Exit mobile version