A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiu á comida e destacou “o gran traballo diario que fai Aspanane”, así como “a colaboración fluída que temos entre o concello e a asociación”.
“A inclusión é unha prioridade para o noso grupo de goberno”, engadiu Loureiro. De feito, o concello colabora coas actividades de Aspanane cunha subvencion anual de 30.000 euros.
No 2023, o Concello de Viveiro asinou un convenio coa Deputación de Lugo para o acondicionamento do recinto exterior pechado co que conta Aspanane. A institución provincial aportou 50.000 euros e o concello 10.000 euros.
“E o compromiso por suposto continuará, apoiando no que podamos á asociación”, rematou María Loureiro.