Rouco e Vigo recoñeceron os logros colleitados polos deportistas ao longo da última tempada, resultando medallistas en campionatos do mundo, de España e de Galicia
Na súa recepción, que tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello, a rexedora vilalbesa e a concelleira da área de Deportes aproveitaron para recoñecer os logros dos deportistas, que colleitaron ao longo da tempada grandes fitos.
Entre os seus logros, dúas medallas de bronce en dúas modalidades diferentes no campionato do mundo de Hapkido logradas por José Miguel Vázquez Regueira e Jesús María Vázquez Regueira.
Ás medallas dos irmáns Vázquez Regueira sumáronse outras no campionato de España precadete, 2 medallas de bronce e un 5º posto acadados por Xoana Kiman Crende, Jesús Seoane e Martín Peteira.
Nas categorías inferiores a escola Moo Duk Kwan tamén conta con medallistas en competicións autonómica e de caracter internacional, tanto na modalidade de técnica como na de combate.