Barreiros, 14 de novembro de 2024. Este venres, 15 de novembro, celébrase en Barreiros una xornada de actividade deportiva escolar con probas de Campo a Través organizada no marco do programa de Deporte en Idade Escolar (Xogade) da Xunta de Galicia a través da Agrupación Deportiva A Mariña e coa colaboración do Concello de Barreiros e o Iberia F.C.
Uns 1.000 escolares da Mariña reuniranse no campo de fútbol As Valgas, en San Miguel de Reinante, para desfrutar dunha mañá de deporte e compañeirismo. As categorías participantes inclúen Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, con distancias axeitadas a cada idade, dende 400 ata 1.000 metros.
Está previsto que as probas comecen ás 11:00 horas e rematen sobre as 12:30 horas. Esta xornada consiste principalmente en que os escolares gocen dun día de convivencia na que farán deporte sen ter en conta a clasificación final polo que non se xerará.
O servizos cos que se contarán serán: Ambulancia, megafonía e avituallamento para as nenas e nenos participantes que tamén estarán asegurados.
Protección Civil de Barreiros regulará o tráfico nas inmediacións onde pode haber algún corte temporal polo que agradecemos que se respecten as súas indicacións para garantir unha xornada segura e organizada.
O concelleiro de deportes, Dani García, salienta que “Estamos encantados de acoller esta xornada de convivencia deportiva no noso concello onde primará o espírito de compañeirismo. Sen dúbida, será un día inesquecible para os máis pequenos e pequenas.”