Cervo, 9 de novembro, 2024. Este mesmo sábado a alcaldesa, Dolores García Caramés e o concelleiro David Rodríguez, xunto a varios traballadores municipais, entregaron todo o material depositado pola veciñanza a Juan Rivas, veciño de Mondoñedo que se ofreceu de xeito altruísta a levar a carga a Valencia no seu camión.
Ademais do recollido en Cervo, no trailer leva a axuda recollida en Mondoñedo, Xove e a asoc. Bispo Santo de Foz.
Estímase que a axuda chegue ao seu destino este domingo, contra a noitiña.
Moitas grazas a Juan pola súa axuda, ao Concello de Mondoñedo por facilitarnos a loxística e especialmente a todos os veciños que dun ou doutro xeito colaborastes na recollida.
Ademais, achéganse datas moi especiais e desde Cervo, Mondoñedo, Xove e a asoc. Bispo Santo, queren que ningún neno de Valencia quede sen xoguetes, por iso, ponse xa en marcha unha campaña de recollida de xoguetes tanto na Casa da Cultura como na Casa do Concello.
A mercancía sairá rumbo a Valencia o 15 de decembro.