Os almanaques poden encargarse en preventa ata o día 4 de decembro a través do correo comisionviveiroenfestas@gmail.com por un prezo de 6 euros
As instantáneas, que están cedidas por fotógrafos e veciños da localidade, plasman distintas épocas do pobo, que van desde principios do século XX ata a década de 1970.
Nelas pódese contemplar o cambio que sufriu Viveiro durante todos estes anos e recoñecer a persoas que participaban na vida social e comunitaria local ao redor das festas.
Desde a comisión queren darlle as grazas a “África Jiménez, Saúl Jiménez, Pepe Veiga, Perfecto Parapar, el blog ‘El deseado y Viveiro’, Consuelo Novoa y a la página de Facebook ‘Viveiro Digital’, por facilitarnos as fotos para poder completar este calendario”.
“A través deste almanaque pretendemos amosarlle á veciñanza os cambios que se viron reflictidos nas nosas tradicións e nas festas durante todos estes anos, e ese sentimento de pertenza que había á hora de celebrar xuntazas e colaborar nas celebracións, que nós, como Comisión, pretendemos recuperar”, engaden.
Por último, queren “agradecerlle a súa colaboración a todas as outras persoas que fixeron posible que este proxecto se fixera realidade a tavés de chamadas, consultas e consellos, así como tamén a Gráficas LAR, que é a empresa encargada de materializalo”.
A preventa por 6 euros a través de correo electrónico
Os calendarios xa poden encargarse en preventa ata o mércores 4 de decembro ás 23:59 horas, a través do correo electrónico comisionviveiroenfestas@gmail.com, a un prezo de 6 euros. No corpo da mensaxe debe indicarse o nome da persoa que encarga, o número de calendarios e un número de teléfono.
A partir do día 5 de decembro, os calendarios poderán adquirirse fisicamente en distintos comercios do Centro Comercial Centro histórico de Viveiro, a un prezo de 8 euros.