Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares visita en San Cibrao a exposición ‘Queremos ser libres’ con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero

Cervo, 24 de novembro de 2024. A Casa da Cultura de San Cibrao acolleu a inauguración da exposición e a celebración de obradoiros de fotografía da man da escola de fotografía documental para nenas e nenos de Diana Fajardo. O obxectivo é concienciar e proporcionar os recursos que poidan axudar a ter unha perspectiva igualitaria mediante unha metodoloxía experimental. Así, ademais da exposición de 20 fotografías realizadas no 2019 durante un obradoiro con nenos e nenas e luz negra e coa sobre a temática da violencia de xénero, está prevista a celebración de dous novos obradoiros, un dirixido a menores de entre 9 a 16 anos e outro para maiores de 16 anos.

Alí estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que puxo en valor a importancia de realizar accións desde todos os ámbitos da sociedade que permita concienciar ao conxunto da cidadanía na necesidade de avanzar cara a igualdade entre homes e mulleres así como de loitar contra as violencias machistas que aínda persisten na actualidade. Nesta liña, louvou a celebración deste tipo de iniciativas que permiten afondar no labor en favor da non discriminación e dos dereitos das mulleres dun xeito artístico e cun foco especial cara as novas xeracións, algo

Ademais este domingo tamén houbo a oportunidade de visionar o resultado do taller de fotografía de Luz Negra que impartiu na tarde de onte dirixido ás crianzas e tamén para personas adultas.

Exit mobile version