Un acto no que tamén se gardou un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas esta mesma fin de semana que, se se confirman como casos de violencia de xénero, engrosan a lista ata 42 mulleres asasinadas en España no que vai de ano.
Tal e como apuntou a alcaldesa, Dolores García Caramés, “detrás de cada unha destas mortes hai unha historia, unha vida truncada”.
“Por iso hoxe non só iluminamos esta Praza –engadiu- senón que iluminamos a memoria de todas estas mulleres que foron vítimas desta lacra, cada unha destas velas representa unha vida que se apagou demasiado pronto, unha muller que perdeu o seu dereito máis fundamental: vivir libre de medo”.
“Neste día recordamos ás que xa non están, e aquí en Cervo de xeito moi especial a María Adela e a María José.
Aínda que o camiño é longo –apuntou- xuntos podemos iluminar un futuro no que ningunha muller viva baixo o manto da dor, do medo ou da violencia”.
A alcaldesa quixo darlle as gracias a todas as persoas que se sumaron ao acto, e recordou que todo o recaudado coa compra das velas irá destinado á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asociación Saúde Mental A Mariña.
O acto estivo amenizado por Verónica Cambón.