Foi no quilómetro 0 da LU-P-4602. O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente pouco antes das 23:00 horas de onte. O particular que alertou indicou que un vehículo sufrira unha saída de vía e caera ao río. Ademais, o alertador pensaba que o condutor podía estar atrapado. Rapidamente, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol. A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor, xa falecido logo do accidente.
Unha persoa perdeu a vida ao caer co seu coche ao río en Pol
Unha persoa perdeu a vida ao caer co seu coche ao río en Pol
Relacionado
-
Ortigueira mellora o acceso ao Banco de Loiba coa rehabilitación do Camiño Natural do Roteiro do Cantábrico
-
O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia
-
O Concello de Cariño acollerá este domingo, 24 de novembro, o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da artista A Meiga Fani