O Valadouro, 22 de novembro, 2024. O luns, 25 de novembro ás 12:30 na Casa da Cultura do Concello de Valadouro, represéntase O Pano a cargo de Bátega Teatro como reivindicación e homenaxe da loita do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
O Pano é unha montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e mesmo a ciencia ficción. A autoría e dirección corresponden a Raquel L. Cendán.
Sipnose
Celia habita un espazo atemporal que evoca o século pasado. Vende cogomelos no mercado e lixa caixiñas de madeira, gústalle sentir a súa suavidade porque contrasta coa dureza da súa vida. Casou moi nova, mais o seu matrimonio foi tóxico e difícil. Veremos como afronta Celia esta situación desde a valentía e como reconstrúe a súa vida.
Sau 43 é una muller que fuxiu por una fendedura temporal, vén desde o ano 2040 para traernos una mensaxe moi importante. Ten a misión de evitar que a violencia machista se estenda por cada recanto. É hora de construirmos un futuro mellor.
Está dirixido especialmente a público adolescente.
Subvenciona a Área de Cultura de Deputación de Lugo