Mañón, 4 de novembro, 2024. Héctor e Jessica están a construir no Abeiro do Sor páxina oficial un proxecto que comparten con toda a veciñanza da Faladora. Non hai mellor agradecemento polo que están construíndo na nosa terra que AXUDAR no seu berce.
Este mércores 6 de novembro, pola mañá, sairá un remolque con para os seus pobos e a súa veciñanza.
Quen quera colaborar pode facelo ata o martes pola tarde (20:30h), estará o remolque no Abeiro do Sor (Mañón). A saída será o mércores 6 pola mañá.
Que é necesario?
Auga
Víveres non perecedoiros
Produtos de hixiene persoal (compresas, cueiros de diversas idades, xel hidroalcólico, xabóns, luvas, toalliñas, papel hixiénico)
Produtos de limpeza
Produtos como LEITE para bebés que necesiten fórmula( en formato brick para menores de 1 ano mellor que en pó).
Recordade! Produtos sen glute e sen lactosa.
Materiais textis para todas as idades (roupa, roupa de cama, mantas, toallas); calzado impermeable.
Materiais para desentullar as rúas e as casas (pás, baldes, cepillos grandes, “araganes de suelo”).
Pilar, lanternas, baterías,…
Material diverso para os animais.
E máis..
Queres colaborar pero non sabes como? Non podes desplazarte? Ponte en contacto con Héctor 606 83 90 53
Tamén podes poñerte en contacto con Nordés, pois teñen aberta liña de colaboración económica.
No propio concello e dos veciños hai outras iniciativas.