Site icon Crónica3.com A Mariña

Slipknot será un dos cabezas de cartel do Resurrection Fest 2025

Viveiro, 4 de novembro, 2024. Slipknot, a banda de metal máis grande do Século XXI, será un dos cabezas de cartel do vixésimo aniversario de Resurrection Fest Estrela Galicia. Corey Taylor e os seus son ano tras ano una das tres bandas máis demandadas polo público do festival viveirense nas enquisas que a organización realiza entre os seus fans. Por iso, polas súas históricas actuacións en pasadas edicións e porque son unha das bandas máis emblemáticas historia do festival, Slipknot non podían faltar a esta edición única do “Resu”.

O vixésimo aniversario de Resurrection Fest promete ser unha edición sen igual. Un episodio que deixará unha enorme pegada en todos os asistentes ao festival. Pronto se poderán coñecer máis novidades sobre Resurrection Fest Estrela Galicia 2025. De momento, unha das bandas máis queridas e demandadas polos fans do festival foi confirmada. Are you ready? Resurrection Fest Forever.

Exit mobile version