Durante toda a semana, tamén se pode visitar unha exposición na entrada do Edificio B na que se exhiben os diferentes cogomelos apañados, xunto coa súa ficha técnica. As Xornadas rematan coa famosa degustación, o xoves día 7 ás 14:30, no comedor de carta de Hostalaría, onde se poderán probar máis de vinte especies diferentes.
A actividade está coordinada polo Departamento de Hostalaría e capitaneada polo profesor Suso Liste, sempre á fronte destas xornadas dende os seus inicios, xunto coa axuda do alumnado de 2º Cociña e Servizos.