Foz, 5 de novembro, 2024. O IES de Foz celebra estes días a súa clásica Semana Micolóxica con diversos eventos para coñecer o mundo dos cogomelos. Este luns tivo lugar unha charla, impartida por Suso Liste, sobre as características das diferentes especies e algúns consellos básicos para a recollida na saída ao monte. O martes, o noso alumnado desprazouse ao Campo do Oso para recoller cogomelos.
Durante toda a semana, tamén se pode visitar unha exposición na entrada do Edificio B na que se exhiben os diferentes cogomelos apañados, xunto coa súa ficha técnica. As Xornadas rematan coa famosa degustación, o xoves día 7 ás 14:30, no comedor de carta de Hostalaría, onde se poderán probar máis de vinte especies diferentes.
A actividade está coordinada polo Departamento de Hostalaría e capitaneada polo profesor Suso Liste, sempre á fronte destas xornadas dende os seus inicios, xunto coa axuda do alumnado de 2º Cociña e Servizos.