O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “no Concello de Ribadeo apostamos pola colaboración na organización de todo tipo de modalidades deportivas, polo deporte feminino e polo deporte base a carón de todos os clubs locais. Tamén facemos unha importante aposta por acoller competicións a nivel internacional que potencian tamén o turismo deportivo en toda a comarca da Mariña”.
O edil ribadense amosa a súa satisfacción por este galardón: “estamos moi contentos pola concesión deste premio, que é un recoñecemento e un respaldo ao traballo que estamos a realizar desde o Concello de Ribadeo. Quero destacar a importante labor que fai o técnico municipal de Deportes, Iván López, e a súa implicación. Todos traballamos como un mesmo equipo”.
Os XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, de Agaxede, será entregados nunha gala que terá lugar o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Carballo.