O evento foi presentado esta mañá en Santa Cruz coa asistencia de Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Ana Ferradás, presidenta do Club Atletismo Ribadeo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; e Iván López, técnico municipal de Deportes.
O edil de Deportes contou que “na proba, que se desenvolverá na Área Recreativa de Santa Cruz, daranse cita arredor de 250 participantes. A saída está prevista para as 11 da mañá, a carón do monumento ao gaiteiro”.
Silvent engadiu que “queremos aproveitar para o uso deportivo a Área Recreativa de Santa Cruz, debido á súa ubicación e á beleza de toda a zona, desde onde se pode gozar dunhas vistas espectaculares da ría, dos seus pobos e da costa galega e asturiana”.