Foz, 8 de novembro de 2024. O grupo Reyco continúa dando pasos como referente no sector do transporte e da loxística coa adquisición do grupo vasco Sacytrans composto por tres empresas. A firma galega, que dá traballo directo a máis de 300 persoas, pasa a ter un volume de negocio de 60 millóns de euros.
Sacytrans é unha das firmas históricas e máis lonxevas do sector en Euskadi. A súa compra representa un importante paso estratéxico dentro do grupo Reyco, que pasa a ter un volume de negocio que supera os 60 millóns de euros e dá traballo de forma directa a máis de 300 persoas.
Este avance estratéxico no proceso de crecemento do grupo Reyco, posiciona á empresa galega como un actor con máis peso no sector do transporte nacional e internacional, incrementando a súa presenza en España e fortalecendo o seu desenvolvemento noutros países.
O grupo Reyco reforza así a súa posición e presenza no mercado. A empresa pasará a ter tres importantes centros operativos: Foz, Valencia e Irún, xestionará unha frota de 500 camións e será un dos poucos operadores especializados en transporte intermodal por ferrocarril.
Á importante situación estratéxica do grupo para o transporte nacional e internacional e ás súas modernas instalacións Reyco suma o bo facer dunha das empresas máis fiables e con maior traxectoria dentro do sector en Euskadi, en total sintonía cos valores de Reyco, achegando un importante coñecemento e ampliando os servizos do grupo, como almacén aduaneiro, un forte posicionamento en servizos aos países do Leste con Donau Tránsitos Internacionais e algo moi destacable, Reyco será pioneira en transporte intermodal, dando un paso moi importante na loita pola redución de emisións de CO2 dentro do sector. Estes son servizos que complementarán e farán crecer as solucións loxísticas da firma galega.
Iván Marrube, CEO de Reyco, salienta que “este importante paso nos brindará más oportunidades de crecimiento así como el desarrollo de nuevas sinergias de colaboración con nuestros clientes y más y mejor servicio al cliente”.
Marrube sinala que “en todo este camino que estamos recorriendo es muy importante la confianza que nuestros clientes y colaboradores depositan en nosotros, una gran motivación a seguir avanzando, y sin duda también gracias a todas las personas que forman parte de Reyco, que cada día dan lo mejor de sí para abrir puertas a seguir mejorando, creciendo juntos y motivándonos con ilusión en un camino que no tiene techo”.