A acollida da comunidade de Resurrection Fest EG volve ser única. Tan só unhas horas despois de arrincar a venda xeral de abonos para a edición especial XX Aniversario, xa se venderon o 80% dos todos os abonos dispoñibles do festival.
O anuncio de Slipknot, KoRn e Judas Priest, aos que se sumarán proximamente numerosos artistas máis, unido á incrible resposta do público, converterán a edición XX Aniversario na máis épica da historia do festival.