Site icon Crónica3.com A Mariña

Renovada a rede de saneamento de Figueirido, Cervo

A actuación supón un orzamento de preto de 50.000 euros procedentes do remanente de tesourería

Cervo, 26 de novembro do 2024.- O Concello de Cervo vén de comezar os traballos de renovación e mellora da rede de saneamento no lugar de Figueirido.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a zona para ver in situ o avance da obra que supón un orzamento de preto de 50.000 euros -48.176,71 euros, concretamente- procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais do pasado exercicio “que nos permite agora poder facer fronte a importantes actuacións para a cidadanía como esta mellora dos servizos básicos, que son obras que non se ven, pero moi importantes para o día a día da veciñanza” apuntou.

O proxecto consiste no acondicionamento das redes de saneamento existentes de fecais e pluviais, substituíndo os tramos de rede de abastecemento de auga obsoletos e en mal estado, repoñendo o pavimento afectado durante a actuación.

A alcaldesa afondou na importancia destas obras que contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza e tamén que son moi importantes para protexer o medio ambiente, polo que seguimos avanzando e apostando por levar este servizo esencial a todos os recunchos do noso concello.

Exit mobile version