O Vicedo, 20 de novembro, 2024. O vindeiro sábado, día 23, o Teatro das cortes rematará a programación deste ano coa III Ofrenda e Diálogos co porco de pedra dos Andrade.
A veciñanza dirixirase ao porco máis vello da parroquia para contarlle as súas teimas, pedirlle consello ou saber un pouco máis da nosa historia.
Despois haberá unha sesión de contos co gran contador Quico Cadaval.
Quico Cadaval é ademáis de contacontos, dramaturgo, director de teatro e tv, actor. De traxectoria sobradamente coñecida, leva toda unha vida adicado ao teatro.
Na actualidade forma parte da compañía de teatro Excéntricas na que traballa como actor e director.
É autor de textos como O Códice Clandestino (1989), O rouxinol de Bretaña (1991) para a compañía O Moucho Clerk, ou Espantoso (2002), premio María Casares al mejor texto original del año. Coautor tamén de textos como Balada das mulleres doutro tempo (con Xepe Casanova) e O rei nu (con Cándido Pazó) para a compañía Ollomoltranvía.
En teatro dirixeu entre outras , obras como Días sen gloria (1993) de Roberto Vidal Bolaño, Noite de Reis (2008) de Shakespeare, Oeste solitario (2011), de Martin McDonagh ou a Ópera dos tres reàs (2011) de Bertolt Brecht con el Centro Dramàtico Galego.
PROGRAMA
Ás 18:00h. “III Ofrenda e dialogos teatreiros co porco de Pedra dos Andrade”. Ás 19:30h. Actuación de Quico Cadaval
As actividades están organizadas pola A.C. VOLTA E DÁLLE e contan co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.
A entrada será de balde