Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello, ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal”. “Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”, engadiu.