O próximo martes, ás 20h, na Biblioteca Municipal de Viveiro, presentarase o número 189 do Terra e Tempo dedicado á primeira gran organización de masas do nacionalismo, a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), que durou desde 1975 até 1982, cando se convertiu no BNG actual. Falarña desta etapa da nosa historia Francisco Luís Rodríguez Guerreiro e Néstor Rego Candamil, dúas persoas que a viviron en primeira persoa, aínda que con distintas idades. “Existimos porque houbo un tempo pasado no que tivemos vontade de ser”.